XORNAL ESCOLAR

Pleno Infantil con moito que dicir

Ourense. 29-11-16. Provincia. Pleno infantil en Barbadás.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Os escolares demostraron estar moi preparados para realizar as labores de concelleiros e compartiron así unha estupenda actividade educativa.

Os primeiros en participar na actividade foton os escolares do CEIP O Ruxidoiro que chegaron á Casa Consistorial onde foron recibidos polo alcalde, Xosé Carlos Valcárcel; a Concelleira de Educación , Marga Pérez, e a secretaria do Concello, Silvia Alonso

Baixo o lema "Somos o futuro deste Concello", escolares dos centros de ensino de Barbadás están a participar nun Pleno Infantil. Serán en torno a 75 alumnos e alumnas os que participarán nesta actividade coa que se pretende dar a coñecer aos nenos e nenas o valor da participación democrática.

Os primeiros en participar na actividade foton os escolares do CEIP O Ruxidoiro que chegaron á Casa Consistorial onde foron recibidos polo alcalde, Xosé Carlos Valcárcel; a Concelleira de Educación , Marga Pérez, e a secretaria do Concello, Silvia Alonso. Con eles realizaron un percorrido polas dependencias municipais e coñeceron de primeira man as labores que realizan os traballadores desta institución.

Tras coñecer cada rincón do Concello, comezou o pleno co nomeamento dos elexidos nas aulas como "pequenos/as concelleiros/as", en total 14 representantes que continuaron coa presentacións das mocións para o seu posterior debate e a votación na que participaron todos os asistentes para rematar con rogos e preguntas. A celebración do Pleno foi así o punto final ao traballo que desenvolveron nos últimos meses no colexio os alumnos de 6º de Primaria, no que viviron un proceso electoral completo, desde a creación de distintos partidos políticos coas propostas electorais, a votación dos seus representantes e a redacción das mocións.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma