AULAS ABERTAS

Premio á creatividade do Guillelme Brown

O Auditorio de Ferrol acolleu hai uns días a 4ª edición da First Lego League Galicia, na que participaron centros de ensino de toda a comunidade autónoma. Por quinto ano consecutivo, o evento contou coa participación do colexio Guillelme Brown como único centro de ensino da provincia de Ourense en acudir á cita, presentando cinco equipos nas diferentes categorías. 

First Lego League Junior é un desafío, dirixido a nenos con idades comprendidas entre os 6 e os 9 anos, no que deben construír unha maqueta lego, facer un póster onde deben explicar todo o que aprenderon, e traballar, principalmente, valores fundamentais da First Lego League Jr. Deste xeito, se fomenta entre os escolares a creatividade, á vez que estes aprenden sobre máquinas simples construíndo un modelo de elementos Lego cunha parte motorizada.

Esta edición Aqua Adventure foi o desafío plantexado. Os equipos investigaron sobre o ciclo humano da auga. Dos dez equipos participantes, catro pertencían ao colexio Guillelme Brown. Estes pequenos científicos investigaron, desenvolveron e plasmaron nos seus proxectos aspectos cotidianos relacionados coa auga e con experiencias do seu día a día, tanto no colexio como nas súas propias casas. Deseñaron maquetas, nas que incluíron unha piscina, unha fonte, unha bañeira e billas con aireadores para aforrar auga. Ao tempo, defenderon e explicaron en inglés todo o que aprenderon e traballaron durante os últimos meses. 


Programa internacional


First Lego League é un programa internacional no que participan escolares con idades comprendidas entre os 10 e os 16 anos. Durante a tempada Hydro Dinamics, os equipos tiñan que realizar un proxecto científico para resolver un problema real, relacionado coa xestión da auga, ademais de construír un robot utilizando a tecnoloxía Lego Mindstorms para resolver as misións do Xogo Robot. Entre os 16 colexios participantes estaba o equipo Water Boys do Guillelme Brown, integrado por cinco nenos de 5º de Primaria, o equipo máis novo da categoría.

O grupo investigou, deseñou e presentou en inglés un proxecto relacionado cun gran problema medioambiental: a problemática do vertido das toalliñas húmidas tras o seu uso. Tiralas ao inodoro é un dos principais causantes dos atascos no alcantarillado das ciddades. Partindo de exemplos reais na cidade de Donosti e Londres por bloqueos nos conductos principais pola mistura das toalliñas con outros vertidos e graxas, o equipo propuxo instalar entre cada edificio e o sistema de alcantarillados un triturador.

Este triturador podría chegar a triturar todos os restos orgánicos e o papel, pero non sería o suficientemente potente como para triturar as toalliñas. Ademais contaría cun filtro, para que todo o triturado pasase a un sistema de alcantarillado e as toalliñas quedase no filtro. Este filtro contendría uns sensores para que cando estivera cheo, se vaciara nun depósito estanco para evitar olore. O equipo Water Boys conseguiu o Premio Lego Education Robotix ás Xóvenes Promesas.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?