XORNAL ESCOLAR

Premio en forma de festa

OURENSE (CENTRO COMERCIAL PONTE VELLA). 15/06/2018. OURENSE. Celebración de la fiesta Xornalistas na Escola, organizada por el diario La Región para los diferentes escolares. FOTO: ÓSCAR PINAL.
photo_camera Un momento da gran festa celebrada no centro comercial Ponte Vella.

Tras as presentacións, os escolares participaron en diversos talleres axeitados ás distintas idades dos alumnos gañadores de cada categoría

Ás 10.00 horas autobuses procedentes de varios puntos das provincia chegaron ao centro comercial Ponte Vella. En torno a 100 escolares desde 1º de Primaria ata 3º de ESO estaban preparados para gozar do premio correspondente aos gañadores da V edición do concurso Xornalistas na Escola que convoca La Región cun gran éxito de participación.

Tras as presentacións, os escolares participaron en diversos talleres axeitados ás distintas idades dos alumnos gañadores de cada categoría. Entre as actividades programadas houbo videoxogos, karaoke, taller de chapas, taller de cociña ou o obradoiro que está a estrear La Región para este verán “Xornal Escolar de Verán”, onde os asistentes tiveron a oportunidade de coñecer as bases do concurso e xa comezaron a traballar na súa publicación.

Ás 12.00 horas todos os obradoiros pararon para desfrutar do espectáculo do mago David Méndez, que acaparou a atención de escolares, profesores e demais persoas que pasaba polo recinto durante aproximadamente unha hora. Ao seu remate, chegou o momento de facer entrega dos diplomas acreditativos a cada categoría para despois e por turnos ir a Mc Donalds, onde lles ofreceron uns deliciosos menús.Antes de partir de novo aos seus centros de ensino, houbo máis tempo para xogar e participar nos obradoiros. Un periódico e un libro de Carlos Casares foi o que recibiron antes de subir aos autobuses. Ademais, durante toda a mañá os nenos e nenas tiñan auga e froita para hidratarse e repoñer forzas para seguir xogando e desfrutando.
 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar