PHOTOCALL

Prevención da drogodependencia desde as aulas

preven2_result
photo_camera Manuel, Germán, Martín e Dylar.

Os centros de ensino permiten intervir na familia e na adolescencia en idades nas que se van adquirindo hábitos e modelos de comportamento sobre os que se pode incidir con certa facilidade.

A Mancomunidad “Terra de Celanova”, a través dos Programas de Prevención de Drogodependencias, está  a levar a cabo no IES Celso Emilio Ferreiro  de Celanova, unha serie de actividades, no marco do ámbito escolar. Contitúe así o segundo espazo, despois da familia, no que os escolares, nenos e nenas e adolescentes, pasan a maior parte do seu tempo. A permanencia neste sistema considérase por si mesmo un factor protector frente ao uso indebido de sustancias.

Os centros de ensino permiten intervir na familia e na adolescencia en idades nas que se van adquirindo hábitos e modelos de comportamento sobre os que se pode incidir con certa facilidade. Para obter maiores resultados é imprescindible a implicación dos tres elementos básicos do ámbito escolar: alumnado, familia e profesorado. O programa xustifícase polas necesiddes detectadas respecto aos patróns de consumo de drogas observados na poboación xuvenil.

A Mancomunidade "Terras de Celanova", en convenio coa Xunta de Galicia, poñen en marcha un programa de prevención selectiva destinado ao alumnado de 1º e 2º de ESO, así como aos de FP. O obxectivo da actividade é contribuír a retrasar a idade de inicio de consumo de drogas, aumentando as capacidades e habilidades persoais como son as tomas de decisións, autoestima, autoconcepto, afrontar a presión de grupo e información xeral sobre o alcohol e o tabaco.

O programa desenvólvese nas aulas do IES Celso Emilio Ferreiro, en formato obradoiros, durante seis sesións de 50 minutos cada unha. O técnico encargado de impartir o programa, Lucas Hermida Armada, coordina ademais distintas actividades que se levan a cabo dentro do Programa de Prevención de Drogodependencias, en diversos ámbitos como son o escolar, o familiar, o comunitario e actividades transversais.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar