COLE A COLE

Os primeiros auxilios chegan ás aulas

OURNSE. 13.10.2016 VERIN, COLEGIO AMARO REFOXO, REPORTAJE XORNAL ESCOLAR. QUINTO B EN LA BIBLIOTECA. FOTO: MIGUEL ANGEL

As actividades complementarias xogan un papel vital no CEIP Amaro Refojo, onde estes días a Cruz Vermella impartiu cursos co fin de que o alumnado saiba actuar en caso de necesidade

O curso escolar arranca no CEIP Amaro Refojo de Verín cun amplo programa de actividades e proxectos que abarcan distintas áreas do coñecemento e que teñen como obxectivo ofrecerlle ao seu alumnado unha formación integral e en valores.


Ricardo Rodríguez, o director do centro de Infantil e Primaria, destaca que pese a ser un colexio cun elevado número de alumnos, preto de medio millar, “despunta sobre os demáis polo seu ambiente único e por ser do máis acolledor”. Pese a este elevado número de matriculados, os trinta profesores e profesoras que se ocupan da súa formación implícanse en proxectos enriquecedores que, ademais de resultar moi atractivos para os escolares, serven para completar a súa formación durante todo o curso.
Plan Proa, Abalar, actividades deportivas, idiomas ou fomento da lectura son soamente algúns dos proxectos nos que están inmersos dende hai varios cursos e que este ano se repiten dado os bos resultados que se obteñen coa súa execución.


Dende hai máis dunha década, no CEIP Amaro Refojo contan con sección bilingües na asignatura de plástica, esto é, que se imparten estas clases íntegramente en inglés. Froito destas seccións, no colexio de Verín dispoñen cada curso da presenza dun auxiliar de conversa resulta clave para a motivación do alumnado no ensino e aprendizaxe dun idioma estranxeiro. Nesta ocasión a auxiliar é americana e chámase Taylor, será quen se encargue de reforzar o inglés a todos os alumnos de Infantil e Primaria. 


Todos os cursos, no CEIP Amaro Refojo organizan visitas de personaxes de interés na formación dos escolares. Impártense charlas, cursos e actividades que resultan interesantes á horas de reforzar o aprendido na aula ou simplemente adquirir coñecementos novos de temas de interés. Un exemplo desto foi a recente visita de voluntarios de Cruz Vermella que acudiron ao centro para impartir un curso de primeiros auxilios. Esta actividade repítese un ano máis dado o éxito da pasada edición xa que, como asegura o director do colexio, “sempre é moi positivo ter coñecementos de primeiros auxilios, nunca se sabe cando pode facer falta”. 
A lectura é outra das prioridades neste colexio da vila do Támega. Saben que ler é moi positivo para o alumnado e é por elo que cada curso organizan actividades de fomento da lectura. Ademáis, as portas da biblioteca están abertas para que os escolares a visiten en calquer momento do horario escolar, e o alumnado de 6º de Primaria encárgase de xestionar o préstamo dos libros, colocalos nos seus correspondentes sitios e familiarizarse cos libros.

NOVIDADES


Dende hai dous anos, o CEIP Amaro Refojo conta cun coro propio, integrado por alumnos de todos os cursos. Este coro crece curso tras curso e da súa calidade xa foron testigos no asilo de Verín ou en algunha que outra localidade onde xa actuou o Coro Infantil “Amaro Refojo”. Este ano darán un paso máis, xa que se unirán ao coro dun centro de ensino de Chaves para realizar concertos conxuntos e converterse así nun coro internacional gracias a un proxecto da  Eurocidade Verín-Chaves.


O curso escolar promete ser apaixoante e xa están a preparar recetas para Samaín, posteriormente celebrarán o Magosto e o Nadal co fin de combinar a aprendizaxe das materias propias de cada curso con actividades paralelas coas que os escolares están moi motivados.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma