XORNAL ESCOLAR

Que é a prisión permanente revisable?

20180503102520406_result

Explicamos as razóns do debate social do endurecemento de penas

A prisión permanente revisable é a máxima pena privativa de libertade en España.

A prisión permanente revisable volve a saltar a debate e á opinión pública trala morte de Gabriel Cruz. Xa anteriormente o pai da madrileña Diana Quer xunto coas familias doutros menores asasinados como Marta del Castillo, María Cruz Cortés, Ruth e José Bretón…pediron ao Congreso dos Deputados que non se aprobase a proposición da lei para a súa derogación.

Que é a prisión permanente revisable?

É a máxima pena privativa de liberdade que existe no Código Penal Español. Foi aprobada no Congreso dos Deputados o 26 de marzo de 2015 como parte da Lei de Seguridade Cidadán.

É unha pena de cárcere, en principio por tempo indefinido, suxeita a revisións que poden servir para que o preso recupere a liberdade. 

O obxectivo desta pena é impedir que os delincuentes máis perigosos que non demostraron capacidade de reinserción poidan volver á sociedade e poñan en perigo a seguridade das persoas.

O Código Penal establecía uns límites de 25, 30 ou 40 anos de cárcere, atendendo á gravidade das penas, aínda que recoñecía o cumprimento sucesivo de penas en caso de acumulación.

En que delitos se aplica?

Soamente se aplica a unha lista cerrada de 8 delitos cuxa gravidade se explica por si  mesma:

1. Asasinato de menor de 16 anos ou persoa especialmente vulnerable por razón da súa ideade, enfermidade, ou discapacidade física ou mental.

2. Asasinato subsiguiente a un delito contra a liberdade sexual que o autor cometera sobre a vítima.

3. Asasinato cometido por membros de grupo ou organización criminal.

4. Asasinato múltiple

5. Asasinato terrorista

6. Homicidio do xefe do Estado ou do herdeiro

7. Homicidio de xefes de Estado estranxeiros ou persoa internacionalmente protexida por un Tratado que se atope en España

8. Xenocidio ou de crimes de lesa humanidade

Unha vez cumprida unha parte da condena que oscila entre os 25 e 35 anos, o Tribunal debería revisar de oficio si a prisión debe ser mantida cada dous anos; e tamén o fará sempre que o penado o solicite.

Soamente existe en España?

É aplicada por todos os países da UE menos Croacia e Portugal.

En Francia en casos excepcionais hai unha pena de prisión efectiva ilimitada, en casos de asasinato  con vítimas menores de 15 anos e con violación torturas ou outros actos de barbarie, aplicada despois a casos de terrorismo ou asasinato dunha autoridade pública.

En Italia, a revisión chega a partir dos 20 anos e pódese optar a liberdade condicional aos 26.

En Reino Unido un xuíz pode, en casos concretos, privar ao recluso da posibilidade da liberdade condicional. 

En Alemaña o Tribunal Constitucional establece que non se debe aplicar este castigo automaticamente e sempre haberá unha perspectiva de reinserción de modo que se revisan as penas tras un mínimo de 15 anos, salvo casos especiais. Ese prazo tamén se aplica en Bélxica, Holanda é máis estrito xa que revisa as penas só cando se cumpriron 27 anos de prisión, Hungría a revisión pode ser de ata 40 anos.

Xa foi aplicada?

Dende a súa aprobación no ano 2015, soamente unha persoa foi condenada, en xullo de 2017. Trátase de David Oubel, o parricida de Moaña, que asasinou as súas fillas Candela e Amaia, nun crime no que utilizou unha serra radial eléctrica e un coitelo de cociña tras drogar ás nenas de 9 e 4 anos, para evitar que puideran defenderse. A medida entrou en vigor apenas uns días antes do crime e o fiscal xefe non dubidou en solicitala.

Cal é a situación actual?

Na actualidade a Prisión Permanente Revisable atópase en fase de derogación xa que a votación realizada no Congreso dos Deputados o xoves 15 de marzo arroxou 178 votos a favor e 167 en contra da derogación da antedita Lei Polo tanto, en España, esta pena privativa de liberdade non poderá aplicarse como se aplicou no caso concreto do parricida David Oubel e, ao igual que Portugal e Croacia non contará con esta pena que se aplica no resto de países da Unión Europea. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar