PROGRAMA

Proba superada! Nenos adaptados

O Xornal Escolar de Telemiño compartiu cos escolares de 3 anos do Mestre Vide unha xornada de adaptación 

Proba superada! Nenos adaptados

En torno a medio cento de nenos e nenas pisaron por primeira vez as aulas do CEIP Mestre Vide este curso. 50 cativos que pasaron polo período de adaptación e que hoxe xa podemos afimar que están encantados e perfectamente acomodados neste novo espazo no que pasarán moitos anos, moitas horas e miles de vivenzas. Conchi Pérez e o seu equipo do Xornal Escolar de Telemiño non quixeron perderse un día de adaptación, compartiron cos cativos unhas horas do máis divertidas nas que os novos escolares explicaron ante o micrófono o que estaban a facer e o moito que lles gusta vir ao colexio cada día. 

O CEIP Mestre Vide conta con dous grupos de Infantil de 3 anos este curso, A e B, con 25 nenos e nenas en cada un deles.

Estes días e unha vez pasado o período de adaptación, estes escolares xa fan o horario normal, esto é de 9.00 a 14.00 horas. O centro ofrece, co fin de conciliar a vida laboral e familiar, os servizos de acollida temperá, comedor escolar e actividades extraescolares que se realizan pola tarde. Os cativos de 3 anos optan tamén a estes servizos e cada un fai uso deles según a necesidade ou gustos, no caso das actividades extraescolares.
Do período de adaptación, das impresións dos profesores e das anécdotas dos cativos nos falará este sábado o programa Xornal Escolar de Telemiño.