ACTIVIDADE

Probas e retos para descubrir os segredos dos Franciscanos

20170116120420500_result
photo_camera Un grupo de escolares durante a actividade didáctica.

Alumnado da ESO do colexio Divina Pastora participaron nunha actividade didáctica do Arquivo Histórico de Ourense

O Arquivo Histórico Provincial acolleu estes días a visita de dous grupos de alumnso de ESO de Franciscanas para participar nun obradoiro no que, da man de profesionais especializados na didáctica do patrimonio, realizaron unha visita á exposición, un percorrido polas instalacións do Ahpou e por distintos espazos históricos da cidade de Ourense, nesta ocasión o claustro de San Francisco, relacionados cos documentos expostos. 

En dúas quendas e dous días diferentes, os escolares demostraron as súas destrezas para resolver probas e retos que os levaron a descubrir os segredos dos Franciscanos.

O capitán Gardador foi o encargado de recibir ao alumnado e guialo na exposición "O legado de Asís. Franciscanos e clarisas en Ourense". A actividade resultou do máis interesante e, xunto ao seu profesor Gonzalo, os escolares aprenderon moitas cousas interesantes relacionadas co propio arquivo e o patrimonio histórico da cidade de As Burgas.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar