O xornal escolar de Telemiño, empapouse do ambiente festivo do colexio de Ramirás nunha xornada de auténtico medo
O CEIP Rogelio García Yáñez de Ramirás abriu as súas portas para recibir ás cámaras de Telemiño e compartir cos telespectadores do Xornal Escolar o que é a súa festa máis importante, o Samaín. O sábado, a partir das 14.00 horas poderedes ver como o pasaron os escolares e profesores de Ramirás nesta celebración na que non falta nin un detalle. O paso polo túnel do terror foi un dos momentos máis divertidos da gravación, xa que nos rostros do escolares se podía ver unha mistura de medo, diversión, ledicia e curiosidade que tan divertido resulta para os que son testigos destas imaxes. Os alumnos máis atrevidos explicaron ante as cámaras o que supuña para eles esta gran festa, todas as actividades nas que participaron e o ben que o pasaron nesta xornada festiva na que se implicou toda a comunidade educativa. Rematada a gran festa do colexio, xa están a pensar na do vindeiro curso e os escolares saben que volverán a ser sorprendidos e eso aínda os mantén máis expectantes.