COLE A COLE

Promoción dos menús saudables

20170313110150187_result

Na procura dunha boa alimentación, na EEI de Noalla regulan a merenda de media mañá cun plan de 
alimentos variados e óptimos para o seu desenvolvemento

Unha segunda casa e unha segunda familia. Esto é o que atopan os escolares cada día na Escola de Educación Infantil de Noalla, un centro de ensino moi accesible e adaptado ao alumado. As claves para acadar esta óptima situación é a confianza que lle ofrecen aos nenos e ás súas familias que están en permanente contacto co centro e coñecen perfectamente a evolución de cada cativo.

Na EEI de Noalla conviven nunha mesa aula escolares de diferentes idades, con esto acádase unha aprendizaxe do máis enriquecedora, uns aprenden dos outros e maduran adquirindo responsabilidades. O número reducido de alumnos no centro favorece unha atención individualizada que respecta os ritmos de aprendizaxe e descubrir con rapidez calquer tipo de dificultade. A estas vantaxes que brinda unha escola como a de Noalla hai que engadir a estreita colaboración e apoio constante do Concello de San Cibrao, que facilita a realización de múltiples actividades durante todo o curso escolar. 

Son moitas as actividades e proxectos nos que están inmersos na EEI de Noalla, algúns xa afianzados, como é o caso do Plan de Menús Saudables, que se leva a cabo por noveno ano consecutivo e no que participa todo o alumnado do centro e está aprobado xa na programación xeral anual do centro. O Plan de Menús Saudables apoia as campañas que realizan os organismos oficiais, tanto a nivel nacional como internacionais, sobre a alimentación dos nenos na escola. A idea de implicarse neste proxecto xurdiu tras observar durante todo un curso escolar que os escolares sempre levaban o mesmos para a merenda de media mañá, esto é galletas ou bollería envasada. Co Plan de Menús Saudables o que se pretende é regular este merenda de media mañá e cada día da semana varíase o menú e oriéntase ás familias para alimentar dun xeito máis saudable aos seus fillos. Deste xeito os luns toca froita; os martes e xoves bocadillo (non está permitida a Nocilla); os mércores toca lácteos e os venres algo doce para rematar a semana. Estes menús pódennos cambiar por froita calquer día que queiran. Con esta iniciativa o que se pretende é educar para a saúde, esto é habituar aos nenos a comer froita, de feito algúns inícianse na escola, e variar a súa alimentación mediante alimentos beneficiosos para o seu desarrollo. 

Nos xa nove anos de execución, este proxecto xa da os seus froitos, tanto é así que a mestra da EEI de Noalla conclúe que cara o final de curso o que mellor comen os nenos son os bocadillos, algúns o asocian soamente á escola. Tamén notou que os nenos que case non comían froita, van comendo unha peza de froita de unha ou dúas clases. Na escola, por imitación dos compañeiros, anímanse a probar distintos alimentos.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar