AULAS ABERTAS

Proxectos que forman en valores

20180216193436360_result
photo_camera Os pequenos gozaron da festividade do Entroido.

No CEIP do Bolo participan en interesantes actividades coas que aprenden a expresarse ou suman selos do pasaporte solidario

Se ben moitas veces é máis complicado que os escolares do rural sumen novos proxectos e participen en actividades novidosas, o CEIP O Bolo é o claro exemplo de todo o contrario. O grupo de docentes traballa arreo para brindarlle aos seus alumnos a mellor e máis completa das formacións. Así, este curso están inmersos en numerosos e moi variados proxectos, dos que mencionaremos soamente algúns por ser novidosos e menos habituais. Voluntariado miúdo: Móvete!   é un programa da Consellería de Política Social que busca a promoción da adquisición de competencias a través de proxectos de acción voluntaria que permitan fortalecer a educación en valores solidarios dende realidades concretas adaptadas ás idades do alumnado.

Así, o alumnado do CEIP O Bolo acode cada martes ao centro de maiores que a Fundación San Rosendo ten no municipio para compartir actividades cos internos. Son propostas interxeneracionais onde todos aprenden e ao tempo se divirten. Entre as accións deste programa educativo está por exemplo indicar o camiño a un peregrino que atopen no camiño, indicar un lugar do municipio a alguén que acode por primeira vez a O Bolo, etcétera. Todas estas accións suman selos do propio centro que se plasman nos pasaportes solidarios que teñen cada alumno e cos que obteñen posteriormente diplomas acreditativos.

Outro dos proxectos destacados do centro ten que ver cos medios audiovisuais e a súa finalidade é traballar na expresión oral do alumnado. Os profesores atoparon certas carencias neste aspecto, se ben a comprensión é perfecta, e puxéronse xa a traballar no tema. Recorren así a temas de historia, como a Idade Media, ou outros aspectos de interese para traballar este aspecto tan importante da formación do alumnado.  

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?