WIKICOÑECEMENTOS

Que sabes sobre a lingua de signos?

local10-archive-2018-04-25-mtp1996_result

En España atopáronse indicios de que a lingua de signos xa se usaba ó redor do século XVI, sen embargo non podemos falar e afirmar que se trata dunha lingua oficialmente recoñecida ata o ano 2007

QUE É E COMO XURDIU?

A perda auditiva constitúe unha dificultade no proceso comunicativo das persoas de maneira parcial ou total repercutindo na súa capacidade para poder expresarse de maneira oral. Debido a estas necesidades comunicativas naceu  unha lingua cun sistema de símbolos arbitrarios e de regras gramaticais.
Tal e como o seu nome indica, a lingua de signos é un tipo de linguaxe baseado nun sistema de signos que se realizan empregando a parte posterior do tronco e máis concretamente as mans. Xurde a raíz das limitacións auditivas que teñen algunhas persoas e que lles impiden poder empregar a linguaxe oral como vía de comunicación, pero iso non implica que a linguaxe empregada sexa distinta, pois a lingua de signos posúe unha gramática e sintaxe visual propia sen depender da linguaxe oral. 

Ó igual que ocorre co resto de linguas, a LSE vai evolucionando ó longo do tempo para adaptarse a todos os cambios e vocablos novos que van xurdindo na sociedade. Tamén é moi importante ter en conta que a nivel léxico, os signos, non sempre constitúen unha palabra traducida, senón que van cargados de significado cultural segundo a sociedade na que se convive e por iso pódese dar o caso de que ás veces non exista unha palabra para poder expresar o significado dun signo.

COMO NOS COMUNICAMOS?

Todo ser humano ten a capacidade e necesidade de comunicarse co mundo e para poder facelo é esencial usar unha linguaxe común compartida e coñecida tanto polo emisor como polo receptor. O canle para poder levar a cabo esta comunicación vai a depender do contexto no que nos atopemos pero normalmente sóese empregar ou ben a vía oral (mediante palabras orais) ou ben a non oral (xestos, palabra escrita, etc).

As persoas non nacemos con unha linguaxe xa adquirida senón que a imos asimilando mediante un proceso laborioso durante a infancia; comeza por a imitación e logo vaise adaptando ás necesidades comunicativas de cada un de nós. Deste xeito cada linguaxe vai adoptando os seus parámetros propios, enriquecéndose co paso do tempo e adoptándose ás novas costumes e culturas. Así comezan a xurdir os distintos tipos de linguaxe, todas con un interese común: poder comunicarnos e entendernos.

COMO AXUDARON AS NOVAS TECNOLOXÍAS? 

En España, máis de un millón persoas teñen xordeira en maior ou menor grado pero de todos xeitos, isto non quere dicir que as persoas non sexan capaces de falar. Moitas veces xuntamos xordomudo para referirnos a persoas que simplemente son xordas pero en realidade as súas cordas vogais están en perfecto estado. É importante ter en conta estes matices xa que moitos xordos son capaces de falar, e de feito fano. De todos modos as persoas que non son capaces e que teñen moitas limitacións auditivas, enfróntanse a moitas barreiras comunicativas día a día.

Ata pouco antes dos anos 70 as persoas xordas non podían desfrutar plenamente dunha película ou dos seus programas favoritos na televisión xa que a maior parte non estaban subtitulados. A día de hoxe grazas a un decodificador aparecen os textos e os subtítulos de todos os programas que queiramos.

Tamén apps coma Whatsaap, Facebook, ou distintas aplicacións con chat facilitaron moito a inclusión en canto á comunicación textual. Antes as persoas xordas tiñan complicacións para poder realizar chamadas telefónicas ata que inventaron os DTS (adaptador do teléfono), trátase dun dispositivo técnico que se conecta ó teléfono para poder chamar a través dun visor e un teclado.

CANTAS PERSOAS EMPREGAN A LINGUA DE SIGNOS EN ESPAÑA? QUEN FOI O SEU MAIOR PRECURSOR?

En España atopáronse indicios de que a LSE xa se usaba ó redor do século XVI, sen embargo non podemos falar e afirmar que se trata dunha lingua oficialmente recoñecida ata o ano 2007, ano no que o noso sistema xurídico regula o seu recoñecemento mediante a publicación da lei 27/2007 do 23 de outubro. A lingua de signos, como se dixo anteriormente, xurde pola necesidade de poder comunicarnos e educar a nenos e nenas xordos e xordomudos. Un dos seus precursores foi o monxe Pedro Ponce de León, foi o creador do primeiro método chamado Instruír al mundo. Baseábase nun método preferentemente oralista onde se comezaba por ensinar a escribir a palabra de obxectos reais e coñecidos para darlles un significado, posteriormente traballábase a lectura oral e a pronunciación desa palabra aprendida. Escribiu un libro titulado “Doctrina para los mudos sordos” pero non foi atopado; de todos modos os seus discípulos como Manuel Ramírez ou  Jacobo Rodrígues Pereira (quen incorporou o sistema dactilolóxico), coñecían ben o seu método e conseguiron continuar coa liña didáctica empregada por Ponce de León. Posteriormente foi L`Epée o primeiro en recoñecer a lingua de signos como lingua natural das persoas xordas, foi quen decidiu aprender os signos para darlle un maior significado á linguaxe, xa que coa dactiloloxía era insuficiente. A día de hoxe oscílase que existen entorno a 70.000 persoas usuarias da lingua de signos.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?