MEDIO AMBIENTE

A reciclaxe xa non ten segredos no CRA Amencer

20170306124026078_result
photo_camera No Entroido os escolares do CRA Amencer vestíronse de contenedores.

Participan en charlas, elaboran disfraces e instrumentos musicais con material de refugallo

No Colexio Rural Agrupado Amencer de Ribadavia están a traballar este curso nun interesante proxecton denominado A Reciclaxe. Nas materias de Plástica e Música realizaron varios instrumentos musicais con material reciclado. Entre as propostas tamén contaron con chalas, dentro da campaña "Oportunidades Galicia-Separemos ben, reciclaremos mellor", onde os escolares aprenderon moitas cousas interesantes sobre como reciclar e facelo correctamente.

Durante o Entroido, os centros de ensino que compoñen o CRA Amencer disfrazáronse de contenedores de reciclaxe, feitos con goma eva e os sombreiros, con todo tipo de materiais reciclados. O pasaron en grande durante o Entroido e están a disfrutar moito durante o curso co proxecto de A Reciclaxe, coa que están moi concienciados e se están a converter en verdadeiros  expertos.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?