XORNAL ESCOLAR

Recitado de poesías ante as cámaras

Ourense 6-10-2017  CEIP MESTRE VIDE. Certamen Poético y recital
photo_camera Un grupo de Ecovixiantes moi aplicados na limpeza do lixo que atoparon na desembocadura do Loña.

Escolares do Ceip Mestre Vide recibiron a visita da poetisa Rossana Camarena coa que compartiron un educativo encontro

As cámaras de Telemiño quixeron sumarse á conmemoración do VIII Encontro Internacional de Poesía e para elo acudiron ao CEIP Mestre Vide para compartir cos escolares unha actividade adicada a este xénero literario. Neste centro de ensino recibiron a visita da poetisa mexicana Rossana Camarena que amosou a súa cercanía cos cativos desde a súa chegada ao centro de ensino.

Camarena brindoulle aos escolares de 6º de Primaria unha clase moi amena na que os convidou a espertar a imaxinación e a xogar coas palabras. Tras recitar varios dos seus poemas, Rossana aportoulle aos nenos unha serie de claves para facelo eles correctamente. Sen dubidalo e por turnos os escolares crearon e recitaron poemas, de todo esto foi testigo Conchi Pérez e o recolleu para o programa deste sábado do Xornal Escolar. 

Ao concluír a actividade, os escolare coincidiron en sinalar o ameno que resultou o tempo adicado á poesía. Ben é certo que nun primeiro momento o alumnado tiña certa incerteza do que ía acontecer, pero pouco a pouco fóronse metendo no ambiente, participaron moito coas preguntas que lle formularon á convidada e incluso amosaron contar con grandes aptitudes á hora de recitar poesías. 
O encontro cos poetas resultou perfecto e ao remate da actividade os escolares compartiron coa convidada sesión de fotos e sinatura de libros con dedicatoria.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma