Cristina Rodríguez

Recoñecemento ás mulleres con pegada nas aulas

María do Ceo visitou o colexio Filomena Dato para ofrecer un concerto e profundizar na cultura portuguesa

O CEIP Filomena Dato suma un novo e interesante proxecto a todos os que realizan ao longo do curso escolar. Nos últimos tempos vense convertindo nun centro multicultural, polo que este curso decidiron traballar a cultura dos paises de orixe dos seus alumnado a través da pegada das mulleres máis influíntes nas súas sociedades.

Neste momento están a traballar coa cultura portuguesa e entre as actividades programadas, contaron coa actuación de María do Ceo, que se achegou ao centro de ensino ourensán para brindarlle un concerto aos alumnos e profesores do colexio. A actividade foi todo un éxito xa que espertou a curiosidade de todos os escolares que suman esta actividade a moitas outras que están a levar a cabo nas aulas para coñecer outras culturas, neste caso a portuguesa, pero nas vindeiras datas profundizarán nas costumes e cultura doutros países e para elo tamén recurrirán á colaboración de mulleres destacadas en cada unha delas. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?