XORNAL ESCOLAR

Recordo a Rosalía de Castro

A VALENZÁ 23/02/2018.- Celebrando a Rosalía en A Valenzá. José Paz
photo_camera Escolares dos centros de ensino de Barbadás recitaron poesías de Rosalía de Castro na rúa. Rendíronlle así unha fermosa homenaxe á escritora galega.

O sábado, 24 de febreiro, conmemorouse o día dunha das figuras máis ilutres da cultura galega.

 Era o día adicado a Rosalía de Castro e foron moitos os colectivos que se sumaron a esta celebración organizando actividades en toda a provincia, entres as que non faltaron recitais e música.

Un día antes ao propio da celebración, baixo o lema "Achégate a Rosalía, a concellería de Cultura do Concello de Barbadás convidou aos centros de ensino do municipio a saír á rúas para recitar poemas da autora e compartilos así coa xente e a esas horas pasaba pola Avenida de Celanova, no entorno do mural de Rosalía. 

Con esta iniciativa o que se pretendeu foi achegar a obra de Rosalía de Castro aos máis pequenos e animar a toda a xente a recitar poemas da autora máis universal.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?