XORNAL ESCOLAR

Recuperando xogos do pasado

OURENSE 29/05/2018.- Día del deporte en el coelgio Albino Núñez. José Paz
photo_camera Día del deporte en el colegio Albino Núñez.

Os maiores de San Amaro amosáronlle aos cativos os divertimentos de cando eles eran mozos

Na xornada adicada ao deporte, os escolares recibiron a visita dun grupo de maiores do Fogar Residencial San Amaro, que acudiron ao CEIP Albino Núñez para amosarlle unha serie de xogos populares. Foi unha experiencia fantástica onde os maiores lembraron os seus anos de mozos e os cativos o pasaron xenial con xogos diferentes aos que están acostumados. Entre as actividades organizadas nesta proposta interxeneracional houbo o xogo da corda, a carreira de sacos, a peonza, etcétera. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar