PREMIOS

La Región premia a 200 “xornalistas na escola"

1op9046_result
photo_camera Douscentos rapaces e mestres participan na entrega de premios do IV Concurso Xornalistas na Escola, de La Región.

O centro Pontevella acolleu a entrega de diplomas do concurso

A festa da entrega dos premios do IV Concurso Xornalistas na Escola, organizado por La Región, reuniu onte no centro comercial Pontevella a preto de 200 mestres e alumnos da provincia, que desfrutaron dunha xornada de xogos, achegándose ata o castelo de bolas, e de maxia a cargo do mago Xacobe.

Ao longo de varias semanas, os cativos convertéronse en xornalistas para elaboar as súas propias noticias. "Eu escribín un artigo sobre a importancia da nutrición", apunta Abel Manuel Feijóo, delegado da clase de 1º da ESO do Seminario Menor de Ourense. 

No colexio público integrado Antonio Faílde de Cambeo, un grupo de 14 nenos de 2º de Primaria elaboraron "A voz press", con noticias que acontecero no seu centro. "Escribimos sobre o niño de avespas do comedor e sobre uns técnios que viñeron a ensinarnos unha cova prehistórica", enumera Iria Vázquez, de nove anos. A súa titora, Ana Rosa Pavón, destaca a importancia desta iniciativa. "Melloran a expresión lingüística e serviu para que vexan os xornais como unha fonte de información máis", explica. Como recompensa ao seu esforzo, o alumnado recibiu un diploma acreditativo nun acto no que estivo o presidente de Ourense, Jesús Vázquez; o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; o director de comunicación de Viaqua, José Manuel Campelo; o director de márketing de La Región, Manuel Ledesma, e o xerente de Viaqua, Marcos Vila.

Ademais, desfrutaron dun xantar no McDonald's. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma