XORNAL ESCOLAR

Reivindicación dos dereitos dos nenos

Escolares de Santa Cruz conmemoraron o Día da Infancia cun gran mural e unhas marionetas moi significativas

Os escolares amosan o mural que eles mesmos elaboraron na aula.
Os escolares amosan o mural que eles mesmos elaboraron na aula.
Reivindicación dos dereitos dos nenos

Os escolares da EEI Santa Cruz seguen a dar conta do activos que son e do moito que se implican en cada un dos proxectos que lles propón a súa mestra. Nesta ocasión e con motivo do Día da Infancia, todos os escolares elaboraron un precioso mural con debuxos que reflectaban as necesidades máis básicas que deberían ser cubertas para todos os nenos e nenas do mundo e, que en moitos casos non o están.

Nesta xornada de peticións de igualdade e de lembranza hacia os máis desfavorecidos, os escolares de Santa Cruz tamén elaboraron unhas marionetas que posteriormente colocaron nas súas propias caras para presentar a aqueles nenos e nenas que non teñen unha infancia tan afortunada coma a deles, senón chea de carencias. Nenos tristes para os que se lle busca unha vida mellor e os nenos e nenas de Santa Cruz queren con estas actividades pedir por eles.