AULAS ABERTAS

Riguroso luto no Enterro da Sardiña

DSC08898_result
photo_camera Aroha e Bimba, entre un mar de bágoas, no Enterro da Sardiña.

Alumnos de 4 anos de Xinzo despediron o Entroido máis longo da península cunha festa por todo o alto

Escolares de Educación Infantil do CEIP Carlos Casares de Xinzo de Limia celebraron por todo o alto o ciclo do Entroido máis longo da península. 

Fareleiro, Oleiro, Corredoiro, Entroido e Enterro da Sardiña foron as celebracións das que gozaron estes días os escolares xunto a nenos e nenas doutros cursos do colexio e tamén doutros centros de ensino da comarca.

Tras a festa de fariña, comadres e disfraces os nenos e nenas do Carlos Casares compartiron o seu particular e tradicional enterro da sardiña. De riguroso luto e entre un mar de bágoas queimaron a sardiña, que eles mesmos elaboraron, no patio do colexio. Con este acto despedía o Entroido 2018 e xa comezaron a contar os días para unha nova edición desta festa que tanto lle gusta aos nenos e nenas de Xinzo.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?