Escolares de 2º de primaria participaron nunha actividade fóra da aula coa que tamén visitaron un viñedo
Nenos e nenas de 2º de Educación Primaria do CEIP Amaro Refojo participaron na denominada Ruta dos Lagares de Oímbra. A actividade consistiu na realización dun percorrido de 4 kms onde se detiveron para ver un lagar de pisado, un de prensado e unha bodega. Tamén se observaron unha plantación de viñedo e, coa axuda do bombeiro forestal Odilo, que os acompañou durante a visita, os escolares plantaron unha cereixeira, un pino ou un bidueiro, entre outros exemplares. Así e por parellas, embarraron a raíz e nos ocos xa preparados, introduciron a planta e a taparon correctamente, para esta tarefa contaron coa axuda de Ángel, traballador do Concellode Oímbra.
A continuación, escolares e mestres do Amaro Refojo detivéronse no parque do Concello para gozar dun rato de xogos e tempo libre.
Esta actividade da continuidade a un traballo realizado previo á saída na aula, onde estudaron que é un lagar, para que serve, que partes o conforman, etcétera. Despois da saída traballaron na aula todo o relacionado coa uva e a vendima. Os escolares amosáronse encantados con esta saída xa que son perfectas para profundizar e aclarar coñecementos teóricos aprendidos na aula e tamén son perfectas para introducir temas que se traballan posteriormente na clase.