Augaescola presenta esta semana unha serie de consellos dos expertos Marián e Santi a través dun divertido xogo
Este sábado, o programa Xornal Escolar de Telemiño se presentará do máis festivo. Por unha banda os escolares do CEIP Rogelio García Yáñez de Ramirás amosarán a súa festa máis popular, falarán do que supón para eles esta celebración, o que a agardan cada curso e o moito que traballan para que cada ano, o 31 de outubro se convirta nun terrorífico pero inesquecible día de festa.
LATRICAR
A sección de latricar corre a cargo dos escolares do CEIP Rogelio García Yáñez de Ramirás. Comparten con Conchi Pérez e con todos os espectadores do programa escolar cada un dos seus cometidos para que a festa de Samaín/Halloween do seu colexio se supere cada curso e sexa a máis fermosa de todas. Con moita gracia explicaron como elaboran os disfraces, como preparan as cabazas e como realizan diferentes manualidades para decorar cada pequeno rincón do centro.
LER A PRENSA
Tamén no colexio de Ramirás se centrará esta semana a sección Ler a Prensa. Os escolares deste colexio traballan habitualmente co xornal na aula polo que están familiarizados con cada unha das seccións de La Región.
AUGAESCOLAR - VIAQUA
A sección desta semana de Viaqua aporta unha serie de consellos por medio do xogo "Sabías que...?". Os expertos Marián e Santi de Viaqua formularán unha pregunta e os mozos e mozas deberán dar a súa resposta e razoamentos. Ao remate, os biólogos de Viaqua darán a resposta correcta e unha pequena aclaración. Trátase dunha forma divertida de adquirir novos conceptos pertencentes ao ciclo urban da auga na cidade.