CONMEMORACIÓN

Salesianos celebra con múltiples actividades as Festas de María Auxiliadora

Este venres, 9 de xuño, farán a entrega de diplomas ao mellor compañeiro e ao esforzo entre o alumnado de ESO e 1º de Bacharelato

O colexio María Auxiliadora "Salesianos" está de celebracións. Como cada curso celebran por todo o alto as Festas de María Auxiliadora cun completo programa de actividades que arrancaron o día 15 de maio e que se prolongan ata o 23 de xuño. 

Proxeccións, a exposición do "Concurso de fotografía María Auxiliadora", a Graduación de 2º de Bacharelato, ofrendas florais, a homenaxe a María Auxiliadora ou a exhibición de patinaxe artística e actividades extraescolares, foron só algunhas das múltiples propostas que este centro ourensán xa organizou para todo o alumnado, exalumnos, familiares e amigos do centro.

Este venres, 9 de xuño, farán a entrega de diplomas ao mellor compañeiro e ao esforzo entre o alumnado de ESO e 1º de Bacharelato. A seguinte cita será o 21 de xuño, xornada na que se celebrará a graduación de Educación Infantil coa imposición de bandas e merenda para todos. Para rematar este amplo programa festivo, xa o día 23 de xuño, o alumnado de Educación Primaria será testigo dunha exhibición de wushu no teatro do colexio. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma