XORNAL ESCOLAR

San Martiño en toda a provincia

cartelle5_result
photo_camera Dos alumnas del colegio de Cartelle pintadas con carbón celebrando el magosto.

O Magosto convértese así cada ano, antes das festas de Nadal, na celebración de referencia en Ourense.

Coa chegada do mes de novembro xa cheira a castañas en toda a provincia de Ourense, pero non é ata case mediados do mes, en torno ao gran día de San Martiño, que se empezan a suceder as celebracións en todos os colexios, centros infantís e asociacións.

Se ben é certo que hai un día grande de festa, día no que comen castañas, chourizos, fan fogueiras e múltiples actividades propias da celebración, son moitos os centro de ensino que xa semanas comezan a preparar todo tipo de artículos relacionadas coa festa do Magosto. Deste xeito e dependendo da idade do alumnado, realizan obradoiros, preparan poesías, murais e todo tipo de artículos cos que decoran as instalacións do centro.

Neste suplemento especial adicado ao Magosto realizarase unha selección das mellores instantáneas que cada centro fixo durante a festa ou nos días previos á celebración. O Magosto convértese así cada ano, antes das festas de Nadal, na celebración de referencia en Ourense.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?