PROGRAMA TELEMIÑO

O saneamento, tema central de AugaEscola

20180129112330906_result
photo_camera Santi amosa o terceiro experimento que consiste en explicar o funcionamento da rede de saneamento de auga residual.

Os técnicos de viaqua explican a terceira proba aos escolares, nesta ocasión as tarefas de saneamento

O tema central do programa desta semana Xornal Escolar de Telemiño será o suplemento educativo que cada semana publica o diario La Región. O Xornal Escolar en papel está a ser unha ferramenta moi útil nos centros de ensino e as cámaras de Telemiño no quixeron a oportunidade de ver aos escolares, en directo, traballando co xornal. Conchi e o seu equipo se desprazaron a Celanova, concretamente ao CEIP Curros Enríquez, onde os escolares de 5º e 6º de Primaria explicaron como recurren ao Xornal Escolar para ampliar coñecementos e traballar en diversas técnicas fundamentais para a súa formación. Nenos, profesores e o equipo de Telemiño compartiron unha estupenda mañá neste colexio da vila de San Rosendo.


Latricar


Foron os propios escolares do Curros Enríquez os encargados de latricar esta semana. Como non podía ser doutra maneira, latricaron sobre a prensa e máis concretamente sobre quen le a prensa nas súas casas, que seccións prefiren e os beneficios que lles aporta ser lectores habituais de xornais.


Augaescola


A sección semanal de Viaqua, AugaEscola, presenta un novo experimento, o terceiro dun completo bloque que ten como obxectivo coñecer mellor as tarefas que realizan no seu día a día os técnicos de Viaqua. Nesta ocasión, centraron o experimento en explicar o funcionamento da rede de saneamento de agua residual.


Axenda


De ruta por Celanova, Conchi e o seu equipo desprazáronse á Fundación Curros Enríquez, onde lle presentaron as próximas actividades que teñen organizadas para os máis cativos da casa para as vindeiras datas. Este espazo é o punto de encontro de numerosos nenos e nenas de Celanova e de toda a comarca xa que durante todo o ano realizan actividades lúdicas e educativas axeitadas aos gustos dos máis novos.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar