PHOTOCALL

Segunda vida ás árbores de Nadal

Parque de O Toural deste municipio ourensano foi o punto ao que se desprazaron escolares e mestres para realizar unha plantación de árbores neste entorno que así lucirá moito máis fermosa

Coidar e respetar o medio ambiente é unha constante para os escolares do colexio Carlos Casares de Xinzo de Limia. Proba delo é unha das últimas actividades que levaron a cabo os máis cativos do centro, esto é os nenos e nenas de 3 anos acompañados polas súas mestras. O Parque de O Toural deste municipio ourensano foi o punto ao que se desprazaron escolares e mestres para realizar unha plantación de árbores neste entorno que así lucirá moito máis fermosa.

Estas árbores que levaron foron as que previamente, esto é o pasado mes de decembro, empregaron para decorar e realizar os traballos manuais propios do Nadal e que despois luciron nas súas casas.

Darlle unha segunda vida a estas especies e aprender o importante que é o coidado do entorno foi a base desta actividade que resultou ser do máis amena. O Concello de Xinzo colaborou co centro nesta iniciativa, así como outras empresas que facilitaron esta actividade xa que ben saben que as costumes dos máis novos serán hábitos no futuro e estes son os que merecen a pena. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar