celebración

De selfies e felicitacións

20170605115611078_result

O Liceo de Ourense acolleu a estrea do musical xuvenil "El Rey León", a cargo da Asociación Cultural Bande

1.2.3.4. e 5. O Liceo de Ourense acolleu a estrea do musical xuvenil "El Rey León", a cargo da Asociación Cultural Bande. Un público familiar e entusiasmado soubo apreciar o bo facer das actrices que demostraron contar con magníficas dotes artísticas. Este musical é unha das actividades de ocio educativon das múltiples que propón a asociación durante todo o ano. Nesta ocasión o obxectivo desta actividade foi a promoción da convivencia positiva, integrando nun mesmo proxecto valores como o traballo en equipo, a responsabilidade, a puntualidade, a constancia, etcétera. En definitiva, a representación foi un éxito froito dun traballo ben feito e todos os asistentes á representación compartiron unha estupenda actividade.

6. A Escola municipal de música do Concello de Ourense, en colaboración coa Once, brindoulle un concerto aos escolares con problemas de visión. Interaccionaron con diversos instrumentos como o violín, o clarinete ou o saxo, entre outros. Foi unha cita do máis enriquecedora.

7. Un grupo de escolares do colexio Padre Feijoo Zorelle de Ourense, concretamente integrantes do coro do centro, veñen de gravar a canción "Pequeño Planeta". Con este tema conmemoraron por todo o alto o Día do Medio Ambiente e buscan concienciar a todo o mundo da importancia de coidar o planeta para que volva a sorrir. 

Felicita ó teu colega, mándanos un 
selfie a: [email protected] ou whatsapp indicando "Xornal Escolar" a 618.490.490.
 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?