O CONCURSO EN TELEMIÑO

Sensacional experiencia nun plató de televisón

Escolares do CEIP Condesa de Fenosa participaron no programa Xornal Escolar e aproveitaron a viaxe a Ourense para coñecer Aceites Abril e rincóns da cidade con encanto

Escolares do CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa viaxaron dende o Barco de Valdeorras para participar no programa Xornal Escolar de Telemiño. Á cita acudiron máis dun cento de escolares que gozaron dunha fantástica experiencia e coñeceron de primeira man o funcionamento dos medios audiovisuais e as instalacións do periódico La Región.  Sen dúbida resultou ser unha experiencia magnífica onde aprenderon moitas cousas interesantes e o traballo diario dos xornalistas e profesionais dos medios.

Antes de ver o vídeo de presentación e dando conta do bo ambiente que se respiraba no plató, un dos co presentadores, Gael, encargouse de contar  un chiste e así dar paso ao vídeo do seu colexio, que días antes gravaron as cámaras de Telemiño.
Lucía e Sergio amosaron como transcurre unha xornada no Condesa de Fenosa. Falaron dos dous hortos que teñen, o aromático e o ecolóxico. Tamén amosaron un momento do recreo, onde desfrutan do club de lectura e escritura, das novas tecnoloxías, do aprendizaxe lúdico do inglés e de xogos no patio e no pavillón. Tamén se detiveron na cociña, alí a cociñeira Pili deu conta do menú do día. Despois de comer moitos escolares acoden ás actividades extraescolares e a seguinte parada foi para saber que estaban a facer. Aprenden de todos e de todo e o respeto e o seu sinal de identidade, todos son importantes e ninguén e máis que ninguén. A ritmo de rap despediron un magnífico vídeo.

LA REGIÓN NAS AULAS
O xornal é unha ferramenta de traballo nos centros de ensino e no Condesa de Fenosa recurren á prensa frecuentemente para completar a súa formación. Utilízanno para saber como se fai unha noticia nun medio de comunicación e profundizar nas novas máis importantes. Nun vídeo deron conta do ben que se lles da ler o xornal e por turnos, os escolares escolleron aquelas novas que máis lles chamaron a atención.

RONDA DE PREGUNTAS
Tras o vídeo de lectura de prensa, chegou un dos momentos máis agardados do programa, os tres copresentadores tiveron a oportunidade de formularlle unha serie de preguntas á profesora Carmela e deste xeito saber algo máis dela e do que lle gusta. Antes desto, non quixeron perderon a oportunidade de desexarlle a Sheila, unha alumna do centro, moitas felicidades xa que estaba de cumpreanos e todos xuntos lle cantaron.

Porque quixeches ser profesora?
Porque me gustaba aprender. Nós non só ensinamos, aprendemos moito e sempre me gustou facer cousas novas e o mellor sitio era compartindoo con rapaces.

Vamos a seguir facendo excursións?
Para elo hai que ter bo comportamento e neste caso vós o tedes. Sempre que haxa algo que aprender fóra do centro e contemos cun autobús para levarnos e o consentimento do director, claro que seguiremos facendo excursións.

Que fas no teu tempo libre?
Gústame facer de todo. Gústame ler, viaxar, pasar o tempo cos amigos e coa familia e aproveitar ben o tempo libre.  

AUGA ESCOLA
Os escolares de O Barco de Valdeorras estrearon a nova sección do Xornal Escolar que se denomina "Auga Escola" co fin de que todos os escolares cheguen a ser licenciados da auga. Da man de Viaqua aprenderán moitas cousas sobre a auga e como tratala. Farán experimentos, visitas, actividades educativas e lúdicas. Nesta ocasión a proposta foi un interesante experimento que presentaron nun vídeo sobre os ciclos urbáns da auga e que se denominou "Simulación de procesos potabilizadora".
 Posteriormente, deron paso ao vídeo da Lixotek que nesta ocasión gravaron no propio centro de ensino de O Barco con material reciclado.

Para despedir o programa propuxeron unha alternativa de ocio. As cámaras de Telemiño acudiron ao Concello de O Barco de Valdeorras para tomar nota das múltiples propostas coas que contan para o tempo de lecer.  

Con moi boas sensacións se despediron os escolares do Condesa de Fenosa do programa e Xornal Escolar e a profesora Carmela foi a encargada de despedir o Xornal Escolar cunhas preciosas verbas e cun vídeo da visita a Aceites Abril.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?