XORNAL ESCOLAR

Somos o que comemos

20171130170214724_result

Os menús do CEIP Padre Crespo, con máis de 100 combinacións diferentes, están coidados ao máximo con produtos frescos e ecolóxicos

O  CEIP Padre Crespo está inmerso nunha serie de cambios tanto nas instalacións  do centro como a nivel metodolóxico.  Priorizan a organización de actividades e saídas lúdicas e culturais que cambiaron dun xeito radical o día a día do centro educativo. O obxectivo fundamental do colexio de Xunqueira de Ambía é por unha banda, elevar a calidade do ensino, e por outra ofertar o maior número de actividades alternativas tanto educativas coma culturais. Nos últimos cursos, coa mellora das súas instalacións e dos servizos que ofertan, que con moito esforzo están a implementar,  pretenden atraer novo alumnado para así garantir a supervivencia do colexio. Todo ese traballo estase a ver reflectido no aumento do número de alumnos e alumnas matriculados este ano.

Este colexio participa nunha ampla variedades de proxectos e programas: Aliméntate Ben, Consumópolis, Educación Patrimonial, Sustentabilidade e Paisaxe, Contratos Programa (Proa, mellora das competencias básicas, mellora da convivencia no centro, mellora da xestión do centro)...
Unha seña de identidade do colexio é o programa Alimentate Ben, forma parte da súa vida diaria e da organización do centro.

Sinalar que ademais da boa acollida por parte de toda a comunidade educativa de Xunqueira de Ambía, unha das cuestións máis importantes é que non soamente tentan concienciar ao alumnado dos beneficios do exercicio físico e dunha dieta equilibrada, a súa intención é chegar tamén ás familias.

20171130170214615_resultDende o ano 2013 participan neste programa que forma parte do Plan Proxecta. Levan a cabo unha serie de accións encamiñadas ao fomento de hábitos de vida máis saudables: a hora do almorzo saudable, coa que prohibiron todo tipo de bollería industrial e de chucherías para os recreos. O colexio proporcionalle uns almorzos baseados en lácteos e froitas. A media mañá, despois das dúas primeiras horas de clase, séntanse todos, estudantes e docentes para tomar o "pincho saudable". 

Ademais disto, o alumnado indaga sobre os diferentes alimentos que consumen, fomentan o consumo de produtos locais e ecolóxicos e potencian o consumo responsable, aprenden a ler etiquetados con todos os compoñentes que inclúen, tamén teñen horto escolar ecolóxico e os seus produtos van directamente á cociña. Ademais introducen receitas de diferentes comunidades autónomas e países.

Contan coa colaboración do nutricionista: Juanjo Vilachá e da Asociciaón O Grelo Verde, para asesoramento, obradoiros, actividades… 

Este ano como novidade, empezaron a divulgar todo este traballo a través dun blog do colexio, que terá un apartado moi importante para este programa. Proximamente, coa axuda do alumnado, actualizarán este blog: menús, fotos, recomendacións, curiosidades, receitas… Os seus menús, con máis de 100 combinacións diferentes (repiten produto, pero case nunca elaboración ou receita) están coidados ao máximo, con produtos frescos e ecolóxicos (pasta, legumes, verduras, carne…) primando os produtores da contorna. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma