AULAS ABERTAS

Os suevos espertan o interese dos escolares

Ourense 2/3/18
Visita escolar a la expo del museo In témpore sueborum

Fotos Martiño Pinal
photo_camera Visita escolar á exposición "In tempore sueborum".

A exposición recibiu ata o de agora a visita de escolares procedentes dunha vintena de centros de ensino de toda Galicia

Escolares de toda Galicia están a visitar a exposición In Tempore Sueborun que estes días e ata o 6 de maio se pode visitar en tres espazos destacados da cidade de As Burgas: no Centro Cultural Marcos Valcárcel, no Museo Municipal e na Igrexa de Santa María Nai. 

Ata o de agora foron en torno a unha vintena de centros de ensino de toda Galicia os que se achegaron a un dos tres recintos, ou aos tres, para ser testemuños desta colección única. 

Tatiana Itziar Feijoó, historiadora de arte, fai balance das primeiras visitas dos escolares á exposición e salienta o interese dos escolares por esta temática. Para elo, tanto Tatiana como os demáis guías da exposición encárganse de completar a visita con mapas, xogos e distintos soportes que axudan a facer máis amena a visita.

Durante aproximadamente unha hora, os escolares percorren o espacio expositivo e para captar a súa atención, "é preciso axeitarse á idade de cada un dos nenos e nenas que acode á visita guiada xa que para nós o máis importante é que se divirtan ao tempo que aprenden". O éxito das visitas escolares é xa significativo no momento que os escolares repiten a visita acompañados polos seus pais ou outros familiares. 

Á exposición In Tempore Sueborum están convidados a visitala centros de ensino de toda Galicia que ata o día 6 de maio terán a oportunidade de visitar calquera dos tres espazos, acompañados en todo momento por guías que lles facilitan toda a información dun xeito sinxelo e ameno, o que fai que esta experiencia se convirta nunha interesante actividade de aprendizaxe.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?