aulas abertas

Medrando xuntos

No CEIP Padre Crespo establecen canles de comunicación e unha acción coordinada para que os estudantes se desenvolvan intelectual, emocional e socialmente

Esta semana visitou o estudio de Telemiño, os estudantes de 4º e 5º de educación primaria do CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía.

Por terceiro ano consecutivo, Javier Pérez Gallego, o director do centro, foi o concursante deste divertido espazo de moda entre os escolares de Ourense. 

Os estudantes estaban representados, no estudio de Telemiño, polos catro alumnos de 5º de primaria: Ainara Nogueiras Blanco, Alejandro Dacruz Blanco, Xián Prol Mozo e Miguel Sotelo Taboada. Unha divertida e amena experiencia televisiva para a gran familia do colexio de Xunqueira de Ambía.

ADIVIÑAS 

Os estudantes definen un obxecto, acción ou personaxe para dar pistas ao director. Con aterioridade recibiron moi ledos ás cámaras de Telemiño, gravaron os videos das adiviñas no seu centro educativo. 

LA REGIÓN NAS AULAS

Varios alumnos/as len e debaten sobre diferentes temas do periódico, La Región e do suplemento, Xornal Escolar. Unha ferramenta importante para estar informados e traballar contidos do currículo .

RONDA DE PREGUNTAS

A ronda de preguntas é un dos momentos máis agardados polos estudantes, Ainara, Alejandro, Xián e Miguel exerceron de fabulosos reporteiros :

Tiveches problemas coa túa familia polos compromisos da dirección?
A verdade é que invirto moitas horas para organizar as actividades do colexio. O fin de semana compenso á familia. 
 

Que vas a facer ao acabar o traballo de director ?
Eu son Teacher, o mestre de inglés, realizo tamén tarefas de dirección dende hai catro anos e de momento sigo catro anos máis.

Que obras tes pensado facer no colexio?
Temos pendiente pechar un almacén e mellorar as instalacións do horto ecolóxico. Tamén me gustaría pintar as clases, o comedor e os muros.

Cando vaiamos a Asturias faremos as mesmas actividades? 
Faremos actividades similares, sempre dinámicas e didácticas. Todas divertidas.

ALTERNATIVA OCIO 

Na Sección AUGAEscola: continuamos coa temática Estación de Bombeo de O Couto. Termina así, a última, das tres reportaxes, sobre o funcionamento dunha Estación de Bombeo.

Tamén visitamos Bilurico, empresa de Medio Ambiente cunha filosofía a favor do desenvolvemento sostible e do respecto cara o valioso patrimonio natural que nos rodea. 

Están especializados na realización de traballos de auditoria ambiental, actividades de ecoturismo e educación ambiental. Contan, a maiores, cun estupendo servizo de alquiler de bicicleta.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?