XORNAL ESCOLAR

Telemiño sumouse á festa dos xornalistas

As cámaras de Telemiño estiveron presentes no centro comercial Ponte Vella para ser testemuños da gran festa organizada aos gañadores do concurso “Xornalistas na Escola”, que convoca dende hai cinco anos o suplemento educativo de La Región, Xornal Escolar

Aos escolares encantoulles falar para as cámaras de Telemiño e xa agardan con entusiasmo o día da emisión do programa. Xa queda menos, será este sábado, ás 14.00 horas.
Aos escolares encantoulles falar para as cámaras de Telemiño e xa agardan con entusiasmo o día da emisión do programa. Xa queda menos, será este sábado, ás 14.00 horas.
Telemiño sumouse á festa dos xornalistas

Ademais de gravar todos os obradoiros que compartiron os escolares, o espectáculo de maxia, o momento da comida ou a entrega dos diplomas que os acreditaban como gañadores do certame, Telemiño non quixo perderse momentos únicos de risas, anécdotas, brincos e moita, moita festa que emitirá o vindeiro sábado, ás 14.00 horas no programa semanal Xornal Escolar, que ademais será o derradeiro da tempada.