EXPOSICIÓN ISABELL SEIDEL

Tempo, unha mostra 100% ourensá

photo_camera O grupo de escolares do colexio Santo Ángel, minutos antes do inicio da visita á exposición "Tempo".

Isabell Seidel presentou no Museo Municipal de Ourense o seu traballo artístico composto por un total de 91 obras coa técnica da acuarela en papel sobre lenzo, diarios de viaxe e cadernos de anotacións

Hoxe rematan as visitas escolares á exposición "Tempo", da artista alemana afincada en Ourense Isabell Seidel. O Museo Municipal de Ourense, nas súas tres plantas, acolle estes días e desde o mes de xuño, esta colección que inclúe un total de 91 obras, de grande e medio formato, coa técnica de acuarela en papel sobre lenzo, diarios de viaxe e cadernos de anotacións que percorre os currunchos da nosa cidade.

245 escolares de seis centros de ensino visitaron a exposición de Isabell Seidel

Para a artista Isabell Seidel, esta mostra representa o seu traballo a moitos niveis. "É unha mostra 100% ourensán que busca reflectir a nosa cidade a través das árbores, as estacións do ano, o xogo das luces e das sombras e, especialmente, a choiva", comenta a artista que engade que ao tempo reflicte "o grao humidade exacto, o pigmento que flúe coa auga para modelar a realidade". Porén, tamén considera que se trata dunha colección "moi persoal", xa que proxecta o tempo que transcorreu desde que empezou a traballar na exposición até o momento, tempo no que foi nai de  dous nenos.

A actividade, organizada desde a Concellería de Educación do Concello de Ourense súmase a outras moitas propostas educativas que lles presentan aos colexios cada curso e pecha hoxe o ciclo de visitas escolares coa participación dun total de 245 nenos e nenas, procedentes de seis centros de ensino. Escolares desde Infantil ata 2º de Bacharelato foron testigos desta exposición que nun primeiro momento lles chamou moito a atención polo colorido e, a medida que ían percorrendo cada espazo do Museo Municipal, deixábanse engaiolar por cada anécdota e pola beleza dos traballos de Seidel que ían descubrindo. 

Na primeira fase da visita destacou a temática das rúas de Ourense que os escolares ían  descubrindo e eso os divertía moito. A segunda fase adicouse máis á chuvia. A conclusión das visitas escolares é que os participantes gozaron dunha actividade educativa fóra das aulas que lles resultou do máis interesante. Amosaron este interés desde o primeiro minuto do percorrido pola exposición, formulando preguntas e amosando unha actitude moi participativa.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?