XORNAL ESCOLAR

Tempo de troula antes das vacacións

Do 1 ao 21 de xuño, a Asociación Xuvenil Amencer puxo en marcha a sétima edición de "Tempo de Troula", un completo programa de actividades lúdicas e educativas dirixidas a rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos

Amencer organizou numerosas propostas lúdicas dentro do programa "Tempo de Troula".
Amencer organizou numerosas propostas lúdicas dentro do programa "Tempo de Troula".
Tempo de troula antes das vacacións

Este proxecto da resposta á necesidade de conciliar a vida laboral e familiar, ao tempo que ocupa aos cativos e cativas con propostas lúdicas e educativas. 

O colexio Salesianos acolleu as actividades deste programa que se desenvolveron de luns a venres polas tardes cun gran éxito de participación. Así, os nenos e nenas compartiron obradoiros, xincanas, actividades de psicomotricidade, xogos no patio, ciencia divertida, deporte, animación á lectura e moitas outras actividades coas que pasaron uns días do máis divertidos antes da chegada do verán.