Un total de 18.573 escolares de Educación Infantil, Primaria e Especial ocupan os centros de ensino da provincia este curso
O curso 2018/2019 xa está en marcha e 18.573 escolares de Educación Infantil, Primaria e Educación especial ocupan as aulas dos centros de ensino de toda a provincia desde fai hoxe unha semana. Por outra banda, os maiores de ESO, Bacharelato e FP fixeron o propio este luns. Toca agora a acostumarse pouco a pouco ao novo ritmo, pero en cuestión dunhas semanas xa estará todo en orde, isto é, madrugar e estudar xa non costará tanto. As actividades extraescolares tamén están en marcha ou perfiladas nos centros de ensino, sen dúbida un incentivo á hora de volver á rutina.