XORNAL ESCOLAR

Traballando para a inserción laboral

Ourense. 14-01-15. Xornal Escolar. Reportaxe pro Xornal Escolar do IES 12 de Outubro.
Susana Osorio
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Susana Osorio, a directora do IES 12 de Outubro.

O IES 12 de Outubro Potencia os programas europeos para que o alumnado e profesorado incrementen a súa formación e as oportunidades de emprego.

A dirección do IES 12 de Outubro traballa con empeño e entusiasmo para mellorar a calidade do ensino, tratando de dar unha formación integral aos alumnos, pendentes non so dos contidos curriculares senón tamén de principios e valores. Un claro exemplo é a implantación do Programa Erasmus + no que levan traballando varios anos.

Podemos confirmar a implantación do programa Erasmus + para este curso? En qué consiste?

Por suposto que sí. Consiste en que os alumnos de ciclos formativos cursen o módulo de formación en centros de traballo nunha empresa do sector profesional relacionado coa súa formación dun país da UE, cunha duración de 3 meses. Por outra banda, os profesores que imparten docencia nestes ciclos poden realizar unha mobilidade de ata 5 días coa finalidade de mellorar a súa formación, de coñecer novos procedementos de traballo e acadar socios colaboradores.

E cales son as súas vantaxes?

Como vantaxes convén suliñar: o incremento das oportunidades de inserción laboral, que é unha experiencia única para alumnos que maioritariamente non viaxaron fora de España, aporta maior madurez para os alumnos e tamén multiplican as súas expectativas de futuro, adquiren coñecementos e destrezas que melloran o seu curriculum e tamén destacar que voltan con moitas ganas de seguir estudando idiomas e perfeccionaron a lingua do país ao que se desprazaron.

Pensando no futuro deste programa, cales serán os seguintes pasos?

Os seguintes pasos serán preparar os desprazamentos dos alumnos que pretendan participar no período abril-xuño, dos profesores solicitantes, organizar a formación lingüística do alumnado participante e seguir incrementando o número de socios colaboradores en distintos países de UE.

Na mesma dirección tamén traballa o Departamento de Linguas, que actividades están programadas para este curso?

Estase levando a cabo ao longo do curso unha intensa actividade para fomentar a aprendizaxe de linguas: exposicións sobre aspectos culturais de cidades inglesas francesas e portuguesas; mantemos correspondencia con alumnos doutros centros, recibimos a visita de representantes de Quimper, cidade francesa, mantendo un encontro cos alumnos e profesores do centro e disfrutando dunha Journëe Bretonne con degustación de plats typiques Bretons e galegos; estudo en profundidade de distintas rexións francesas, inglesas e portuguesas fundamentalmente; xornadas de inmersión lingüística con alumnos doutros centros; intercambios con nenos de fala inglesa...

Para finalizar, cales son as novidades na formación profesional que se leva a cabo no centro?

No curso actual comenzamos coa Formación Profesional Básica de Fabricación e Montaxe, contamos con ciclos formativos de grao medio e superior das familias profesionais de Electricidade e Electrónica, Imaxe Persoal e Fabricación mecánica. Tentamos facer unha xestión eficiente dos recursos económicos para que os nosos talleres estén modernamente equipados tendo en conta os últimos avances tecnolóxicos e os métodos de traballo das empresas do sector profesional, coa clara finalidade de que o noso alumnado sexan traballadores altamente cualificados para entrar no difícil mundo laboral.

Seguimos traballando con empeño para seguir contando coas mellores empresas dos distintos sectores profesionais e estamos organizando varias Xornadas de portas abertas, unha Xornada de Orientación académica-profesional e a Semana do emprendemento.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma