XORNAL ESCOLAR

"Trevinca en Letras", premio ao esforzo e ao traballo en equipo

Gonzalo Luna dirixiu o traballo xornalístico dos nenos e nenas de 4º de Primaria do colexio de A Veiga

Os reporteiros que elaboraron o traballo gañador "Trevinca en Letras".
Os reporteiros que elaboraron o traballo gañador "Trevinca en Letras".
"Trevinca en Letras", premio ao esforzo e ao traballo en equipo

"Trevinca en Letras" foi a publicación gañadora da categoría de 4º de Primaria. O magnífico traballo xornalística correu a cargo dos alumnos e alumnas de Gonzalo Luna, que se encargou de comunicarlle a boa nova aos escolares. Con moita ledicia e moi contentos pola recompensa ao esforzo, así se amosaron os rapaces que coincidiron en sinalar que están moi satisfeitos polo traballo presentado. Para elaborar Trevinca en Letras dividiron a publicación en seccións, e cada escolar se adicou a aquela que máis lle gustaba ou chamaba a atención.

Así elaboraron reportaxes, entrevistas, novas de actualidade do centro, etcétera. O resultado foi magnífico e Luna amósase encantado con este traballo en equipo e cooperativo, que tamén foi unha ocasión perfecta para traballar nas tic e profundizar os coñecementos sobre recorte de fotos, códigos QR, etcétera.