CONCURSO

Último día para inscribirse no concurso Xornalistas na Escola

Todos os centros de ensino, públicos, privados ou concertados, interesados en participar no certame soamente deben cubrir o formulario que atoparán en xornalescolar.laregion.net

Hoxe remata o prazo para inscribirse no concurso que cada ano convoca La Región "Xornalistas na Escola". Todos os centros de ensino, públicos, privados ou concertados, interesados en participar no certame soamente deben cubrir o formulario que atoparán en xornalescolar.laregion.net. O concurso está dirixido ao alumnado de calquera clase de Primaria, ESO e Educación Especial, baixo a dirección dun dos profesores.

Os participantes deberán elaborar un xornal con contenidos informativos de interese para a comunidade escolar e o seu entorno social. O xornal deberá contar con catro páxinas, entre as que se adicará unha á portada e as tres restante a contenidos informativos ilustrados con fotografías ou imaxes. Os traballos deberán presentarse en orientación vertical e poderase utilizar tanto o idioma galego como o castelán e o inglés. 

Seleccionarase un traballo gañador por curso escolar. Os escolares gañadores serán gratificados cunha festa no Centro Comercial Ponte Vella. 

Todas as bases e demais datos do concurso póedese consultar tamén en xornalescolar.laregion.net.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar