CONCURSO

Últimos días para inscribirse no concurso Xornalistas na Escola

Ata o día 22 de novembro, ás 12.00 horas, pódese realizar o rexistro na web xornalescolar.laregion.es

A quinta edición do concurso escolar Xornalistas na Escola está en marcha. Xa está aberto o prazo de inscrición para participar nesta convocatoria que cada ano incrementa o número de participantes. O obxectivo do concurso é elaborar un xornal con contenidos informativos de interese para a comunidade escolar e o seu entorno social. Poden participar escolares de Primaria, ESO e Educación Especial de centro públicos, privados ou concertados de toda a provincia de Ourense, baixo a dirección dun dos seus profesores. Cada grupo de participantes estará formado como máximo polo alumnado dunha mesma clase e dirixido como mínimo por un dos seus profesores.

As inscricións realizaranse ata o vindeiro mércores, 22 de novembro, ás 12.00 horas, unicamente a través da páxina web xornalescolar.laregion.es, onde será necesario complementar os datos de todos os escolares que participen na elaboración do xornal, así como os do profesor. Ademais, na propia web atoparedes as bases do concurso e todos os datos precisos para a elaboración do xornal.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar