actividade en familia

Festa de disfraces para despedir o verán en Verín

20170915120959250_result

un total de 237 nenos con idades entre os 3 e os 13 anos participaron nas propostas lúdicas ofertadas polo Concello

O servizo da Ludoteca de verán-campamento urbano que organiza a Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín rematou as actividades estivais hai uns días. A iniciativa, que comezou o 26 de xuño e na que participaron 237 menores con idades comprendidas entre 3 e 13 anos, tivo como obxecto conciliar a vida laboral e familiar dos proxenitores e cubrir o tempo vacacional dos/as menores.

Para clausurar este verán tan especial, os pequenos participaron nunha divertida festa de disfraces no CEIP Princesa de España. Todo un espectáculo de cores, amenizado por unha discomóbil que rematou cunha comida para todos/as os/as asistentes. 

Obradoiros educativos e lúdicos, animación á lectura e contacontos, piscina, repostería e cociña, piragüismo, recortables, xogo libre, educamóbil, rutas de sendeirismo ou acampada nocturna, foron algunhas das actividades nas que  participaron os/as cativos/as e coas que compartiron un verán do máis divertido sen saír do municipio e coas que recuperaron forzas para comezar o curso cheos de enerxía.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma