COLEGIO SANTO ÁNGEL

O valor educativo do teatro

20170209163634019_result
photo_camera Escolares del colegio Santo Ángel.

O CPR Plurilingüe Santo Ángel oferta, entre as actividades extraescolares, a Escola de Teatro para estudantes e familias con varias modalidades 

O Centro educativo Santo Ángel é un colexio plurilingüe cunha oferta educativa moi variada, onde o alumno é, sempre, o centro de interese. 

A súa oferta educativa vai desde os tres anos ata os dezaseis e conta cun profesorado coñecedor das novas prácticas docentes: intelixencias múltiples, robótica, xadrez, traballo cooperativo… Ofrecen unha Educación de calidade marcada por os docentes do centro educativo. Existe unha gran interacción entre mestres e alumnado. 

A acollida é un punto forte do Cpr Plurilingüe Santo Ángel, apoiando á diversidade cultural da zona. Fomentan unha educación integral baseada nos valores de Fe e Cultura do seu Fundador B. Faustino Míguez.
O Colexio Santo Ángel está enmarcado no barrio do couto. Dentro do marco do castelo dos Temes. Está composto por 6 aulas de Educación Infantil, 12 aulas de Primaria e 8 de Secundaria.

Entre os servizos que presta o centro educativo está: Madrugadores, Escola de idiomas Pype, Complementary Hour, Comedor con cociña propia, Fútbol sala, Baloncesto, Xadrez, Escola de teatro e Karate. As cámaras de Telemiño acompañaron a este colexio nunha fermosa actividade da estupenda Escola de Teatro. Un dos proxectos nos que están a traballar no centro educativo e obtendo grandes éxitos é a Escola de Teatro. 
O obxectivo principal deste proxecto é a integración de todos os estudantes. Esta escola empeza a traballar desde as idades máis temperás dos nenos.

Mencionar que a escola de teatro está en activo dende o ano 1995.Composta por catro grupos de persoas. Dous grupos de Introdución ás artes dramáticas (Os máis cativos, nenas e nenos de Primaria, Un formado por 3º e 4º de primaria, outro con 5º e 6º de Primaria). O terceiro e o Grupo Caixadesastre Alumnos ESO e por último o grupo de adultos, no que participan as familias e antigos alumnos do centro educativo.
Actualmente están a traballar noutros proxectos como: o horto ecolóxico no que está inmerso todo o centro, a conmemoración do Entroido e Os Maios…

Para rematar queremos destacar a Ampa do centro educativo que está moi involucrada en todas as propostas e celebracións do Centro, con moita iniciativa e dinamismo, ofertando diferentes actividades para todo o alumnado.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma