PROXECTO EDUCATIVO

Unha ventá aberta ao mundo da man dos peregrinos

20170320104255859_result

A escola está situada á beira do "Camiño Portugués", que conduce a Compostela, por onde pasan cada ano centos de peregrinos

O CRA de Caldas. Escola de Educación Infantil Carracedo está inmerso dende o ano 2013 nun interesante proxecto educativo denominado "Unha ventá aberta ao mundo". A escola está situada á beira do "Camiño Portugués", que conduce a Compostela, por onde pasan cada ano centos de peregrinos, aos que lles gusta saudar, charlar con eles e desexarlles ¡Bo Camiño!  Esta magnífica ubicación dalles a oportunidade única de coñecer a centos de peregrinos procedentes de todos os países do mundo.

O proxecto, que ten como lema "Hai dous xeitos de coñecer o mundo: viaxar ou coñecer viaxeiros". O proxecto educativo desta escola entronca coa declaración por parte da Unesco do Camiño de Santiago como Patrimonio Inmaterial da Humanidade, “en recoñecemento a súa importancia espiritual, histórica, artística e cultural e como lugar de encontro que ten favorecido o continuo diálogo entre as persoas que lo percorren y los pobos que atravesa”.

O obxectivo desta escola é continuar nesa senda: achegar os peregrinos ós nenos. Expoñer aos alumnos cada día a novas experiencias: ver novas caras, novos sorrisos, escoitar outras linguas, apreciar cancións e músicas interpretadas por xente distinta. E sementar en eles a idea de que o mundo está cheo de persoas diferentes e que nos somos quen de entendernos con todos eles e fomentar deste xeito os valores de coñecemento mutuo e respecto como base para a convivencia nun mundo cada día máis globalizado.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar