XORNAL ESCOLAR

Versión en galego de Mamma Mía

IMG_1735_result
photo_camera Alumnos disfrazados de los 90.

A finais de maio, estrean o musical e esperan poder facer unha xira, ou ben a finais deste curso ou a comezos do próximo

No Ies Xesús Taboada Chivite de Verín comezaron co musical Los miserables, o ano pasado Moulin Rouge, e este curso, tocoulle o turno ao famoso espectáculo baseado en cancións do grupo sueco Abba: Mamma Mia. Moitos alumnos de 2º 3º e 4º ESO e tamén algúns de 1º Bach decidiron sumarse a este exitoso espectáculo que preparan coa colaboración de moitos profesores implicados neste gran traballo.

Hai contabilizados case 160 alumnos neste proxecto, 26 profesores e 2 conserxes. A finais de maio, estrean o musical e esperan poder facer unha xira, ou ben a finais deste curso ou a comezos do próximo. O éxito está asegurado.

Este musical conta con catorce cancións traducidas ao galego por Isabel Cota e David Rodríguez, baixo a supervisión das profesoras de Lingua galega: Hortensia Arcos e Fátima Rodríguez, este musical inclúe oito divertidas coreografías deseñadas e preparadas pola profesora Iria Otero. Os profesores, Javier Díaz e Pilar Tabarés (do departamento de Debuxo), están a preparar, cos seus alumnos, os seis fondos que se precisan para desenvolver as 17 escenas teatrais e todo o material visual.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma