Viaqua presenta Aqualoxía

Os escolares que participen nesta actividade poderán visitar a Etap de Ourense.

Viaqua presenta Aqualoxía

Dende o 15 de xaneiro e ata o 31 de maio, Viaqua presentará a actividade Aqualoxía. Dirixida a escolares de 3º de Primaria, a actividade desenvolverase nos centros de ensino previa inscrición en aulanatureza@ourense.es. Coa axuda de monitores, os escolares realizarán actividades prácticas onde serán parte activa no desenvolvemento dun conto, xogarán a descubrir o consumo da auga, as redes de transporte de aguas, practicarán a xestión da auga dunha cidade.... Ademais, os escolares que participen nesta actividade poderán visitar a Etap de Ourense.