XORNAL ESCOLAR

Viaxeiros polo mundo

20161117193846589_result

No CPI Padrenda-Crespos percorren, dende as aulas, diferentes paises para coñecer, investigar e compartir unha ampla variedade de contidos 

Para este curso escolar os mestres de Educación Infantil e Primaria do Cpi Padrenda-Crespos decidiron realizar un proxecto pedagóxico transversal común, dando continuidade ao proxecto anterior, Os meus veciños europeos, ampliando a perspectiva a todo o mundo.

As Nacións Unidas proclamou o ano 2017 como Ano internacional do turismo sostible para o desenvolvemento. A designación deste ano internacional intenta promover unha mellor comprensión entre os pobos en todas partes, conducir a que se tome unha maior conciencia da riqueza do patrimonio das diversas civilizacións e levar a unha mellor aceptación dos valores inherentes das diversas culturas, contribuíndo así ao fortalecemento da paz no mundo.

Este proxecto é unha resposta pedagóxica que permite a integración curricular, a participación da comunidade educativa e do estudante no desenvolvemento das competencias que integran cada materia. O proxecto parte dos intereses do alumnado, por iso, cada grupo decidiu no comezo de curso o país co que traballará. O alumnado de infantil elixiu: Exipto, 1º e 2º de primaria Kenia, 3º de primaria China, 4º de primaria México, 5º de primaria Brasil e 6º de primaria Australia. Os estudantes traballan primeiro a nivel individual e en grupos na aula de referencia.

O obxectivo final será a exposición trimestral das investigacións feitas por cada clase. Os estudantes viaxan polo mundo a través dunha gran variedade de actividades adecuadas a súa idade. Debido á diferenza de idade dos alumnos (dende os 3 até os 11 anos) decidiron que a elección das actividades a traballar sexa libre, coa intención de que sexa un proxecto flexible que se adapte constantemente aos centros de interese do alumnado. Os contidos a traballar no primeiro trimestre na aula son: xeografía, bandeira, idioma, relixión e monumentos.

As actividades complementarias son o magosto con xogos populares e a festa do nadal con paixoliñas e ritos típicos de cada país que estudan e investigan. No segundo trimestre na aula van a traballar a historia, personaxes destacados, arte, música, cine e deportes e de xeito complementario conmemoran o entroido con disfraces e baile da zona xeográfica e o día da paz con personaxes destacados de cada unha das zonas e a súa relevancia. No terceiro trimestre centraranse na flora, fauna e espazos naturais e como actividades complementarias conmemoran conxuntamente o día do libro con exposicións nos taboleiros da biblioteca de libros de cada país, gymkana buscando pistas sobre os paises elexidos e realizaran unha festa gastronomica onde degustarán produtos e pratos típicos coa colaboración do comedor escolar.

As distintas aulas, ao finalizar cada trimestre, realizan un percorrido apaixoante, unha exposición que comparten con todos os estudantes do centro educativo de Padrenda-Crespos.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma