AULAS ABERTAS

Viaxes imaxinarios por toda Europa

SAN CIBRAO DAS VIÑAS (LA REGIÓN). 12/01/2018. OURENSE. Grabación del programa de Telemiño "Xornal Escolar" con alumnos y alumnas del instituto. FOTO: ÓSCAR PINAL
photo_camera Alumnos de 4º de ESO de Salesianos, en el plató de Telemiño.

Escolares de 4º de ESO de Salesianos participaron no programa Xornal Escolar de Telemiño, onde aproveitaron para falar do último proxecto no que participaron, Interrail

Un grupo de escolares de Salesianos, de 4º de ESO, acudiron ao plató de Telemiño para falar do seu novidoso proxecto denominado Interrail, do moito que aprenderon realizándoo e do ben que o pasaron con esta actividade multidisciplinar. Acampañados pola mestra Blanca Abad, que exerceu de concursante, tres escolares foron os co presentadores e axudaron a Conchi Pérez coa tarefa de presentar o programa Xornal Escolar que cada sábado, ás 14.00 horas emite Telemiño.

O programa comezou coa presentación da actividade Interrail, os copresentadores e Blanca Abad falaron do boa que foi a experiencia de Interrail, unha viaxe imaxinaria en tren por distintos países europeos. Visionaron un vídeo, do día que Telemiño acudiu ao colexio Salesianos para ser testemuño da presentación do proxecto. Todos coindiron en sinalar o moito que aprenderon con esta iniciativa e o que lles gustaría agora viaxar a algún dos países obxecto de estudo deste proxecto.


Latricar


Tras a presentación de Interrail, pasaron ao momento da adiviña. Foi entonces cando Blanca, a partir dunhas pistas que lles proporcionaron os escolares tivo que adiviñar de que estaban a falar. Os escolares o fixeron magnificamente e falaron de viaxar. Blanca non o dubidou e respostou correctamente á adiviña.


Ler o xornal


No colexio María Auxiliadora Salesianos, o xornal é unha ferramente educativa que empregan a diario. Un grupo de estudantes leron o xornal ante as cámaras e destacaron aquelas novas que máis lle chamaron a atención do periódico do día.


O profesor responde


Un dos momentos máis agardados polos alumnos e alumnas que participan no programa Xornal Escolar de Telemiño e cando teñen a oportunidade de formularlle unhas preguntas ao profesore convidado. Así o fixeron Martín, Paloma e Guille. Pola súa banda, a profesora Blanca respostou encantada a cada unha das preguntas.

Cales son os teus pasatempos?

Gústame moito viaxar sempre que as miñas obligacións o permiten. Este é o meu mellor pasatempo. Considero que é unha estupenda experiencia de vida. Tamén me gusta pasar o tempo cos amigos e gozar da praia sempre que podo.

Cando decidiches ser profesora?

En realidade foi unha segunda opción. Encantábame Turismo, pero daquelas nonera unha profesión tan habitual como agora e ao final decanteime por Maxisterio primeiro e despois estudiei Filoloxía Hispánica. 

No teu día a día no colexio, cal é o teu maior reto?

Primeiro é transmitir unha serie de coñecementos, pero o que para mín é máis importante é axudar aos alumnos e alumnas a formarse como persoas.


Augaescola


No afán de que todos os escolares se gradúen no tema da auga, Viaqua presenta semanalmente o programa AugaEscola. Nesta ocasión, biólogos expertos de Viaqua foron os encargados de analizar como funciona unha potabilizadora. Así, empregaron unha linguaxe moi sinxela e uns conceptos básicos para que todos e todas entenderan á perfección o seu funcionamento. Trátase así dunha lección máis da AugaEscola.

Os escolares de Salesianos tamén visionaron a proposta semanal da Lixotek, onde se amosa como realizar todo tipo de obxectos con material de refugallo.


Alternativa de ocio


Antes de rematar o programa, Carlos López, de Marketing La Región, acudiu convidado ao programa para falar das múltiples actividades que organizan durante todo o ano, tanto para nenos como para adultos. Así, La Región organiza actividades deportivas do máis variadas, conferencias de temas de interés e actuais, regala entradas para concertos, teatro, etcétera. Carlos aproveitou a súa visita ao Xornal Escolar para indicar onde se dan a coñecer as actividades que organizan desde o departamento de Marketing. Todos os días no diario La Región, en Telemiño, no Facebook de +Deporte, na web de La Región e tamén con cuñas na radio.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma