XORNAL ESCOLAR

O vínculo non se perde

06.05.15.OURENSE.COLEXIO.SAN.PIO.X.REPORTAXE GRAVACION PROGRAMA TELEMIÑO.
photo_camera Alumnos entrevistando al profesor.

Os antigos alumnos do CPR San Pío X manteñen tendo relación co centro educativo, xa que
son como unha gran familia con grandes dotes na comunicación, como amosaron en Telemiño

Antigos alumnos seguen tendo relación co CPR San Pio X, o vínculo non se perde, son unha gran familia, todos colaboran nas distintas actividades que levan a cabo no centro ao longo do ano. Varios murais do centro foron elaborados por Ismael, antigo alumno do colexio que colabora coa parroquia e co centro educativo.

O CPR San Pío X é un centro moi familar e dinámico que ofrece á comunidade educativa: o servizo de atención temperá, o servicio de comedor, actividades extraescolares e o esperado e recoñecido campamento de verán.

En agosto, en colaboración coa parroquia, organízase o campamento de verán. A primeira semana de agosto desprázanse a Tui para gozar dun animado e fabuloso campamento. As actividades que realizan son todo un éxito entre os escolares.

No San Pío X temos grandes especialistas da comunicación, participan no Xornal Escolar que organiza La Región, co Xornal SPÍO, tamén teñen unha revista propia “Aturuxo”, que editan anualmente e esta semana son os protagonistas do programa Xornal Escolar de Telemiño.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?