AULAS ABERTAS

Visita entroideira ao plató de Telemiño

O colexio san pío x repetiu experiencia televisiva no programa Xornal Escolar, onde ademais de concursar magníficamente, nos presentou o gran Entroido que celebran no seu centro.  

Non era a primeira vez que os escolares do colexio San Pío X participaban no programa Xornal Escolar de Telemiño e non por elo a visita foi menos especial que a outra ocasión. Moi participativos e divertidos, así estiveron tanto os alumnos que exerceron de co-presentadores, Jeray, Andrea e Álex, como o público e o invitado da xornada, o profersor de Pedagoxía Terapéutica e Música do colexio, Javier Fernández Quintas, que contestou con moita simpatía a cada unha das preguntas que lle formularon os alumnos, así como aos tres bloques de cuestión onde tivo que adiviñar obxetos, accións e personaxes. 

Durante o concurso e como xa participaran na primeira edición do programa presentándonos a todos o seu centro de ensino, nesta ocasión se decantaron por amosarnos unha das súas festas preferidas do ano, o Entroido, que no colexio San Pío X preparan dende semanas antes con moito cariño esta celebración, elaborando os disfraces entre todos, coa axuda dos pais e facendo partícipes aos veciños da Avenida de Zamora, barrio ourensán onde está ubicado este estupendo centro de ensino. 
O primeiro bloque de cuestións realizadas polos alumnos ás que tivo que responder Javier foron de cultura xeral e case fai pleno de acertos.
 

CULTURA XERAL-TRIVIAL
En que século foi a dictadura de Primo de Rivera?
- No século XX.

En que ano foi a Guerra Civil española?
- Entre o ano 1936 e o 1939.

Cales son os ósos da cadea de osiños? 
-O estribo, o yunque e o outro non me lembro. 
Os copresentadores axudaron ao seu profesor con esta cuestión xa que era un tema que estaban preparando estes días na clase de Naturales coa súa profesora María Jesús. As respostas correctas foron: martelo, bigornia e estribo.

Tras o bloque de preguntas de cultura xeral, chegou ao momento das cuestións relacionadas co centro, co fin de poñelo a proba e saber canto sabe do colexio no que imparte clase.
 

PREGUNTAS SOBRE O CENTRO
Cantos profesores hai este curso no centro?
- Hai en total 14.

Cantos nenos e nenas hai en todas as aulas de Infantil?
- Pois é doado xa que son tres aulas de Infantil con 25 escolares en cada unha delas, un total de 75 nenos e nenas deste ciclo.

Cando pintaron os muros do colexio?
-O centro conta cunha serie de grafitis que se realizaron fai en torno a tres anos, esto é no ano 2012.
O momento máis agardado polos alumnos chegou coas preguntas persoais ao seu profesor xa que, como é habitual entre os escolares, gústalles moito saber cousas da vida persoal dos seus mestres.

PREGUNTAS PERSOAIS
Desde pequeno xa quería ser profesor?
- Non. A verdade é que quería ser futbolista nun principio ou xogador de baloncesto. Foi un descubrimento esto de ser profesor dende o primeira vez que impartín clase e agora estou verdadeiramente enganchado a esta profesión que me encanta. 
 Que fai no seu tempo libre?
-Fago algo de deporte, descanso e algunha que outra actividade de ocio. 

Cal é o seu deporte preferido?
- Todos nos que se emprega unha pelota ou balón.

Tras este bloque de preguntas, todos xuntos viron un video no que se descubriron os talentos do colexio San Pío X. Foros moitos os escolares deste centro que amosaron as súas habilidades tanto bailando como tocando algún instrumento, recitando poemas ou mesmo interpretando unha muiñeira.

A experiencia volveu a ser fantástica para os escolares do San Pío X. Os co presentadores aseguraron que o pasaron en grande e o seu profesor dixo estar encantado coa experiencia que está disposto a repetir. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar