XORNAL ESCOLAR

Volar para aprender

tapizb_result
photo_camera O tapiz de Bayeux tamén coñecido como Tapiz da reina Matilde, é u gran lienzo bordado do século XI de case 70 metros.

Viaxando no tempo co cometa Halley, un dos máis coñecidos

Que é un cometa?

Está claro que os cometas son os viaxeiros do espazo. Son coñecidos pola súa cabeza , chamada núcleo e  pola súa cola que apunta en dirección oposta ao Sol, ao redor do cal orbitan  cada  76 anos.  Son astros pequenos, compostos de xeo sucio mesturado con gases. Un dos cometas máis coñecidos é o cometa Halley.

O ronsel de po que deixa tras de si  provoca ás veces as chuvias de estrelas preciosas , precisamente cando a Terra atravesa a súa órbita, como as Perséidas que son as máis populares, por ser visibles dende o hemisferio norte durante as noites do verán.

O cometa Halley fixo a súa última aparición hai máis de 25 anos, en 1986 e poderase  ver de novo, dentro de 76 anos, en 2.061. O cometa Halley debe o seu nome ao seu descubridor británico, Edmund Halley (Londres,1656-Greenwich, 1742). Foi un personaxe multifacético, pioneiro na elaboración dun mapa meteorolóxico e o primeiro en relacionar a mortalidade coa idade dunha poboación, traballo que favoreceu ás compañías de seguros na valoración de riscos e no cálculo de primas.

Porén, é máis coñecido polos seus traballos como astrónomo.Entre eles, o pronóstico  de tres aparicións espectaculares do cometa Halley (1531, 1607 e 1682). A través duns cálculos moi precisos, foi capaz de predicir cando volvería a aparecer: “Con toda confianza podo predicir que retornará en 1758”. E así foi, aínda que el xa non o viu.

Un cometa viaxeiro na Idade Media

Aínda hoxe en día, con toda a tecnoloxía coa que contamos, é un feito sorprendente ver o cometa Halley . Pero, por un momento pensa que pensaría un rapaz ou rapaza da Idade Media ao ver este fenómeno incríble do Universo. Non entendería nada. Ademais, na Idade Media o avistamento de corpos celestes no ceo eran presaxios de mal augurio: malas colleitas, enfermidades, guerras...

Para entendelo, imos viaxar ti e máis eu, nunha máquina do tempo, como no vehículo "DeLorean DMC-12" da película de 1985, dirixida por Robert Zemeckis e con guión de Steven Spielberg, "Regreso ao Futuro"; xa sabes ese coche, de velocidade vertixinosa, que trasladaba a Marty McFly ao pasado para mellorar a sús situación familiar . 

Pois ben, se o motor e o condensador de fluxo, cheo de plutonio, están preparados, imos introducir no teclado da nosa máquina do tempo, a data 1073, que nos levará directamente ao pasado, ata a Alta Idade Media, a Bayeux, unha vila do noroeste de Francia, na Normandía,moi preto do Canal da Mancha.
Alá imos..!!!

O cometa Halley, un mal augurio ou non

Chegamos. Ano, 1073, século XI, a fame, pobreza, as enfermidades, como a lepra e os desastres naturais, campan as súas anchas. Cando, de súpeto, fai a súa aparición o cometa Halley. Como era de esperar, todo o mundo abraiado e atemorizado, fai culpable ao cometa de todas estas desgracias. Así, ata o ano 1456, cando  o Papa Calixto III, que non ía ser menos, decidirá cortar polo san e nun intento de tranquilizar os fieis, promulga unha bula ou decreto  polo que excomulga ao cometa por consideralo un emisario do demo. Hai que ter en conta que tan só tres anos antes, a cristiandade perderá Constantinopla a mans dos turcos. 

Aquí ,en Bayeux, onde nos atopamos, suponse que o rei normando Guillermo I O Conquistador ten que ter todo baixo control, pero a situación é insostible e o pobo está exaltado, entón, a súa dona, a raíña Matilde, para calmar os temores da poboación, decide voltear a tortilla, é dicir buscarlle a parte positiva a aparición do cometa Halley: quere incluír este feito histórico nun gran tapiz que os seus serventes comezaron xa no ano 1066, para ensalzar o pobo normando.

"O tapiz de Bayeux", será unha verdadeira obra de arte dun valor histórico excepcional. Segundo ordes da  monarca, terá  70 metros de longo e medio metro de ancho e  estará  bordado en liño. O obxectivo deste tapiz será representar de forma gráfica, coma se fose un cómic medieval, en setenta e tres esceas, a vida cotiá do pobo normando e a conquista normanda de Inglaterra, é dicir, a victoria do seu pobo contra os saxóns na batalla de Hastings (Inglaterra) derrotando o rei , Harold II. Todo sexa por animar á poboación.

Por suposto, na escea número 23, deste gran cómic, os tecedores e tecedoras normandas debuxarán o cometa Halley coa inscripción en latín. "Isti mirant stella" que significa "Estes miran a estrela". Ao outro lado do Canal da Mancha, os veciños e eternos inimigos, os saxóns, interpretarán ao cometa Halley, coma un  sinal de mala sorte, mentres que os normandos coma un feito  de esperanza nas súas conquistas territorias. O gran tapiz rematouse en 1082.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar