UNHA ACTIVIDADE DO MEU COLE

Volta á prehistoria

20170111132643156_result
photo_camera Nunha habitación ambientada, os escolares participan nunha actividade sobre a prehistoria que resulta do máis amena e interesante.

No CPI plurilingüe Tomás de Lemos estudan a contorna e a historia de Ribadavia e tamén usan diversas técnicas de ioga e mindfullness, dúas medidas que os axudan no seu día a día
 

Na cuna de O Ribeiro está situado o CPI Plurilingüe Tomás de Lemos, un centro de ensino de Infantil, Primaria e Secundaria que está a piques de acadar o medio millar de estudantes. 

Son moitos os proxectos e actividades educativas que levan a cabo durante o curso, e coas que complementan os conceptos teóricos aprendidos na aula. Cun grupo de profesores e profesoras moi implicados, o que se pretende neste centro de estudos de Ribadavia é que o alumnado adquira coñecementos integrais, dun xeito ameno e no ambiente máis propicio para elo.

Entre as actividade máis salientables deste curso escolar, están a realizar un estudo da contorna, no que a historia de Ribadavia ten un papel moi importante. Tamén é salientable uso de técnicas de Ioga e Mindfullness, esto é coñecido literalmente como atención ou conciencia plena, unha das múltiples formas de meditación que se basa en centrar a mente no momento presente. Estas medidas son de moita importancia á hora de axudar ao alumnado no seu día a día e no tempo que o están a levar a cabo xa acadaron moi bos resultados e os escolares están encantados con estas propostas. 

A actividade que presentan este curso como unha das máis salientables é a denominada "Volta á prehistoria". O que se pretende con esta proposta educativa é facer unha primeira achega ao mundo da arqueoloxía e da arte rupestre coa finalidade de plantexar un taller no que os rapaces sexan os verdadeiros protagonistas e adquiran coñecementos de maneira participativa e amena.

Deste xeito a actividade transcurre dentro dunha habitación ambientada, esto é, como se se tratara dunha cova prehistórica. Na actividade participaron hai uns días un grupo de nenos e nenas de Educación Primaria do centro e tiveron a oportunidade de coñecer á perfección os utensilios daquela época e a arte rupestre, sendo eles mesmos os encargados de pintar as paredes deste espazo, imitando aos homes e mulleres da prehistoria.

A actividade resultou ser do máis divertida e, entre xogo e xogo e pintando adquiriron uns importantes coñecementos dunha época tan importante como é a prehistoria e do modo de vida dos homes e mulleres deste período.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar